Onte, meu bo amigo Pablo.C, presentoume a un tal Antonio Burgos, e eu, ignorante, home pouco afeito a pleitos ou a liortas coa dereita deste pais, pois concedinlle o susodito o beneplácito da duda; o texto que meu amigo escollera parecíame simpático se o leíamos con sarcasmo e boas intencións; pero algo me cheiraba... o meu amigo, que se algún día me di co ceo e amarelo, eu créolle; seguíame decindo que o tal Antonio non era de fiar.
Así que hoxe me atopei con isto no Blog de Ignacio Escolar, e claro, agora si que é pra seguir a un personaxe que opina de tal modo e que parecen importarlle máis os turistas que pasan por Doñana, as corridas de touros e o Rocío que a vida dunha especie tan única coma o Lince Ibérico (que debe de ser Ibérico por que da bo xamón... ignoracia...). O máis simpático é que, como amosa a foto, gañou uns cartiños a base dos gatos, pero parece que se ten que elixir, o ten moi claro.
Tentarei facerlle un seguimento o "individuo" este a ver con que nos divirte, pero non olvidemos que é perigoso... pode convencer a tua veciña de que é moi importante poder ir de vacacións ainda que teñas que foder algo ou alguén, o que non pensa é que calquer día tocalle a él ser o extinguido.
Agora si, rapaces, que non se entere de que andamos soltos por Galiza uns cantos Tigres, por que... tamén somos felinos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario