Impresionante!!! Estoy por comprarme el periodico para enmarcar esta noticia.

No se de la gravedad del asunto ni nada parecido, pero la noticia que hoy publica el Diario Xornal me parece impresionante y me reido de lo lindo leyendola:

Unha orquestra contratada polo Xacobeo amola o colectivo gai

 "A orquestra Olympus é unha das grandes do sector musical en Galicia, xunto coa París de Noia ou a Panorama. De feito, é unha das escasas representantes galegas convidadas polo Xacobeo para participar no Festival Internacional de Orquestras (FIOU) que se celebrará no mes de setembro en Cea, en Ourense. A súa popularidade, porén, non é tanta na comunidade gai e lésbica.
O colectivo Panteras Rosas Galiza de activismo lgtb (lesbianas, gais, transexuais e bisexuais) esixiulle onte no seu blog que “erradique os valores discriminatorios nos espectáculos das festas populares da Galiza”. Ao seu ver, a orquestra“superou os límites do tolerable” coas súas parodias da homosexualidade sobre o escebarios. Cren que “o seu espectáculo musical se nutre de valores e bromas discriminatorias contra as mulleres, contra o colectivo homosexual e transexual e ultimamente tamén de carácter racista”.
Dende a orquestra, a reacción non se fixo esperar. Un dos cantantes, Peke, publicaba onte unha contestación que comezaba así: “Empiezo a estar hasta los mismísimos cojones de tanto subnormal, de tanto sinvergüenza y de tanto paleto asqueroso que va por la vida intentando joderme”. E segue: “Yo no puedo callarme. Por orgullo, por lo que yo sudo por esta orquesta y sobre todo porque me toca defender con uñas y dientes a todos mis compañeros”.
Máis adiante, refírese ao autor da publicación: “Quiero darle el número de teléfono de un centro de deficientes mentales para que se matricule el próximo curso”. E remata confesando que lle gustaría coñecer o sexo do autor ou autora das críticas: “Si es un tío quiero y deseo que le den por el culo, y si es una tía me gustaría darle una patada en la cona”. O post conclúe: “Y ahora que venga alguien a decirme que no tengo educación, porque me cago en todos sus muertos. Que me dejen trabajar en paz, y al que no le guste que no venga”.
En declaracións a Xornal de Galicia, despois de retirar o seu texto da web do grupo, Peke reafirmouse: “Se fosemos racistas non teríamos negros, cubanos e venezolanos na orquestra. O negro que fai o espectáculo leva sete anos na orquestra e se non se vai será porque está a gusto”. E continou: “Eu non lle falto ao respecto a ningún gai, de feito, os meus mellores amigos son gais, cantantes doutras orquestras”. Canto ao autor da entrada do blog, afirmou: “Heime de enterar quen é e facerlle pedir desculpas á orquestra, porque minte. Non soporto a xente que minte sobre o noso traballo”. Do espectáculo que o colectivo somete a crítica, afirmou: “A min que me importa que haxa dous subnormais aos que non lles guste”.
As reaccións non se fixeron esperar. Rafael Moral, presidente de Colega Galicia, argumenta que o Xacobeo está a financiar a orquestra “incumprindo unha proposición non de lei que a popular Paula Prado levou ao Parlamento”. Tal proposición senta que “o Goberno ten que cancelar calquera contrato con calquera proveedor que teña un trato denigrante ou sexista cara á muller”. Polo tanto, solicita unha “rectificación e desculpa” en cumprimento desa iniciativa e a “anulación de de todos os contratos ou subvencións, principalmente os do Xacobeo. Galicia xa non é a da pandeireta franquista”, conclúe.
Os autores do blog prefiren non identificarse de momento como persoas individuais, pero o seu portavoz amosouse onte convencido de que o espectáculo “fería sensibilidades”. “Non o percibimos só dende o colectivo, senón que moitos heterosexuais tamén se deron de conta”, explica. Nin Colega nin Panteras descartan a vía xudicial, de ser precisa. Ademais, en Panteras consideran vital atallar este tipo de actuación. “Se toleramos isto chegamos a outro tipo de agresións máis graves pero coa mesma ideoloxía”. Laura Bugallo, a presidenta de Transgalicia, asegura que “non é un feito illado, hai vídeos e vídeos que o mostran en Youtube”.
A polémica está servida, e segue na internet: nas redes sociais creáronse plataformas de detractores da orquestra, malia que no libro de visitas da orquestra non deixan de chegar mensaxes de ánimo."



1 comentario:

  1. joer vaya follon!!!!

    perddi el movil no tengo numeros de nadie, no puedo llamar !!(soy javierito)

    ResponderEliminar