O Rei Das Tartas

Esta entrada non pretende ser a primeira dunha serie adicada a personaxes "con aquel" da nosa terra. Simplemente hoxe acordeime del, e quixen redirlle tributo. Non vou a dar a turra con estúpidos datos lidos previamente en internet , para iso xa está a sua propia páxina. Tan solo quero contar cando o vín.
Acordeime del porque fai moitos anos nas festas de Cos (concello de Abegondo) a persoa encargada da comisión de festas o trouxo como unha das atracions do día. Pola noite había boas orquestas e o típico, buchinche, a barraca do tiro, as lanchiñas, e decir, todo iso típico das festas. E pola tarde, o que para mín foi o prato forte do día: O rei das tartas. Imaxino que daquela me preguntaría qué carallo iba a facer aquel tipo para entreter a toda a xente que álí había, pero maldita sea se o conseguiu. Como non podía ser de outra maneira subiu o palco vestido co seu uniforme de traballo, e o "presidente" da comisión de festas
o presentou cara o respetable e imaxino que o azuzou un pouco para que contara algún chascarrillo. Pois o moi simpático contou de cando unha sueca, ou polaca, xa non me lembro, entrou no seu establecimento despois de aparcar un descapotable diante da porta, cas tetas o aire a pedirlle unha tarta. Despois de atendela e por circunstancias do destino, mais axudado pola miña memoria que non lembra agora o motivo (disto fai tantos anos coma 13 ou 15) a extranxeira tiña fariña na sua dianteira. Entón creo recordar que o rei axitou aquelo cun pano, pero rápidamente, xa que como el mismo contou, tiña a sua muller na trastenda e non quería que esta se pensase o que non era. Polo que lle pidiu amablemente a señora que bulise en marchar para evitar o malentendido.
Sacado de esta anécdota, a verdade e que non lembro qué mais puido facer, a parte de publicidade do seu negocio, pero e algo que recordarei sempre con moito cariño, o día que vin o rei das tartas, toma polo cú.
Todo o mundo se apresura a decir, cando sae a colación o rei Juan Carlos, que é moi simpático e campechano ( e a verdade, ca vida que se pega, solo jodería que non fose así) pero e que ademais de todas estas cousas o noso rei facía tartas!
Un canto a Galicia, ey!
Para máis información, recomendo acudir a sua páxina web: http://www.oreidastartas.com/
PD: Gustaríame deixar claro, que sentín que esta entrada debía de facela en galego, polo tema a tratar.
Un saludo e vemonos.

4 comentarios:

  1. Ti podes face-las entradas como che salga do carallo, para iso es o.... Rulas. (pensabas que ía dici-lo peixe ese que ten uns dentes enormes, verdade? pois non,)

    Por certo, estou seguro que non lembras nada, pero o inventas, coa túa memoria ese do chiste o mesmo foi o Farruco pero como leva tamén barba... nos tes vergoña, rapaz!!

    ResponderEliminar
  2. De inventado nada, eu tamen fun testigo de aquela mitica performance (ainda que me quedo ca de John Balan nese mismo escenario) e acordome perfectamente da anecdota da farinha nas tetas da guiri. E engado que a entrada do Rei no mercedes do presi polo medio da xente queimando bocina foi un dos momentos mais emocionantes da minha infancia, e digna do mismisimo Elvis (outro rei de casi que igual categoria)

    ResponderEliminar
  3. Marcos, eu tamén teño un reloxo escarallado que acerta dúas veces o día a hora.

    Non quero decir que o Turi sexa de natureza mentirosa, pero ten a mesma memoria cun mosquito con alzheimer.

    Saudos.

    ResponderEliminar
  4. Cur vai sendo hora de rescatares os nosos reportaxes do pai neno vimianzo.com, os tasqueros e as ventaneiras.

    ResponderEliminar